metastable

< meta- + estable
Plural: metastables
  1. adx QUÍM/FÍS Aplícase ao estado que, a pesar de non ser estable teoricamente nunhas determinadas condicións, a súa velocidade de transformación é tan pequena que presenta unha aparencia de estabilidade, polo menos durante un breve espazo de tempo.
  2. equilibrio metastable FÍS Estado de equilibrio dun sistema físico que é estable ante débiles accións exteriores, pero é inestable ante accións exteriores considerables. OBS: Tamén se denomina falso equilibrio.
  3. estado metastable FÍS estado isomérico.

Sinónimos