adxQUÍM/FÍSAplícase ao estado que, a pesar de non ser estable teoricamente nunhas determinadas condicións, a súa velocidade de transformación é tan pequena que presenta unha aparencia de estabilidade, polo menos durante un breve espazo de tempo.
equilibrio metastableFÍSEstado de equilibrio dun sistema físico que é estable ante débiles accións exteriores, pero é inestable ante accións exteriores considerables. OBS: Tamén se denomina falsoequilibrio.