adxRelativo ou pertencente a Meroveo, á súa dinastía ou á época dos merovinxios.
sHISTMembro da dinastía merovinxia.
sm plHISTPrimeira dinastía dos reis francos. Coñecidos como primeiraraza, tomou o nome de Meroveo.
escritura merovinxiaPALEOGEscritura latina utilizada no centro e no N de Francia nos ss VI-VIII. A característica común é un trazado a miúdo sinuoso e pouco esquemático, cheo de nexos cursivos. Desapareceu coa chegada da escritura carolinxia.