mes

< lat mense
Plural: meses
  1. s m Cada unha das doce partes en que se divide o ano.
  2. s m Período de tempo de trinta días.
  3. s m Soldo do mes.
  4. ASTRON
    1. s m Unidade de tempo baseada nunha división convencional do ano ou ben nas voltas da Lúa en torno á Terra, referida a algún punto concreto do ceo.
    2. mes anomalístico Intervalo de tempo comprendido entre dúas pasadas consecutivas da Lúa polo perímetro da súa órbita. A súa duración é de 27,55455 días solares medios.
    3. mes lunar Intervalo de tempo comprendido entre dúas fases iguais consecutivas da Lúa. A súa duración é de 29,53059 días solares medios. OBS: Tamén se denomina mes sinódico.
    4. mes sideral Intervalo de tempo comprendido entre dúas pasadas consecutivas da Lúa polo círculo horario dunha estrela. A súa duración é de 27,32166 días solares medios.
    5. mes solar Tempo que tarda o Sol en percorrer un signo do zodíaco.
  5. mes de María RELIX Devoción que consiste en honrar á Virxe durante o mes de maio cunha serie de oracións, invocacións e avemarías recollidas nos devocionarios.
  6. mes do Sagrado Corazón RELIX Devoción que consiste en honrar o Sagrado Corazón durante o mes de xuño, estendida polos xesuítas a partir de 1856.

Sinónimos

Confrontacións

Citas

  • Aínda non lle pagaron o mes
  • Está embarazada de cinco meses