meridiano -na

< lat meridiānu
Plural: meridianos Masculino: meridiano Masculino plural: meridianos Feminino: meridiana Feminino plural: meridianas
  1. adx Relativo ou pertencente ao mediodía.
  2. XEOG
    1. s m Círculo máximo da Terra que pasa polos polos.
    2. s m Semicírculo da terra que vai de polo a polo.
    3. meridiano de Greenwich Meridiano que pasa polo antigo observatorio de Greenwich (Reino Unido) e que é a liña base para establecer os fusos horarios mundialmente. OBS: Tamén se denomina meridiano cero ou meridiano de orixe.
    4. meridiano inicial Meridiano que o home, arbitrariamente, toma como o primeiro meridiano, para determinar, sobre o ecuador, a lonxitude xeográfica de cada lugar da Terra.
    5. meridiano magnético Liña isógona comprendida entre os dous polos magnéticos da Terra.
  3. s m MAT Intersección dunha superficie de revolución cun plano que pasa polo eixe de revolución.
    1. adx Relativo ou pertencente ao meridiano.
    2. adx Aplícase á sección que, nunha superficie de revolución, é producida por un plano que pasa polo eixe de revolución.
    3. altura meridiana dun astro ASTRON Altura dun astro cando pasa polo plano meridiano.
    4. liña meridiana / ASTRON/XEOG Intersección da horizontal dun lugar co plano meridiano do lugar que determina sobre a horizontal os puntos N e S.
    5. plano meridiano / ASTRON/XEOG Plano vertical que pasa polo eixe da Terra e un lugar dado.
  4. ASTRON
    1. meridiano celeste Círculo máximo da esfera terrestre que contén os seus polos.
    2. meridiano inferior Semicírculo do meridiano dun lugar que ten por extremos os polos celestes e que contén o nadir dese lugar.
    3. meridiano local Meridiano celeste que contén o cénit e o nadir do lugar xeográfico considerado.
    4. meridiano superior Semicírculo do meridiano dun lugar que ten por extremos os polos celestes e que contén o cénit dese lugar.

Citas

  • Explicábase con claridade meridiana
  • Pola ventá entraba unha luz meridiana

Palabras veciñas