meridiano de GreenwichMeridiano que pasa polo antigo observatorio de Greenwich (Reino Unido) e que é a liña base para establecer os fusos horarios mundialmente. OBS: Tamén se denomina meridianocero ou meridianodeorixe.
meridiano inicialMeridiano que o home, arbitrariamente, toma como o primeiro meridiano, para determinar, sobre o ecuador, a lonxitude xeográfica de cada lugar da Terra.
meridiano magnéticoLiña isógona comprendida entre os dous polos magnéticos da Terra.
smMATIntersección dunha superficie de revolución cun plano que pasa polo eixe de revolución.
adxRelativo ou pertencente ao meridiano.
adxAplícase á sección que, nunha superficie de revolución, é producida por un plano que pasa polo eixe de revolución.
altura meridiana dun astroASTRONAltura dun astro cando pasa polo plano meridiano.
liña meridiana /ASTRON/XEOGIntersección da horizontal dun lugar co plano meridiano do lugar que determina sobre a horizontal os puntos N e S.
plano meridiano /ASTRON/XEOGPlano vertical que pasa polo eixe da Terra e un lugar dado.
ASTRON
meridiano celesteCírculo máximo da esfera terrestre que contén os seus polos.
meridiano inferiorSemicírculo do meridiano dun lugar que ten por extremos os polos celestes e que contén o nadir dese lugar.
meridiano localMeridiano celeste que contén o cénit e o nadir do lugar xeográfico considerado.
meridiano superiorSemicírculo do meridiano dun lugar que ten por extremos os polos celestes e que contén o cénit dese lugar.