mención

< lat mentiōne
Plural: mencións
  1. s f Feito de falar brevemente dunha persoa ou unha cousa.
  2. mención honorífica Distinción que se fai nun concurso, ao que segue en méritos os que teñen os premios e os accésits.

Sinónimos

Citas

  • No discurso fixeron mención á dramática vida do autor