alusión

< lat allusĭo, -ōnis ‘xoguete’
Plural: alusións
  1. s f Acción e efecto de aludir.
  2. s f Palabra coa que se alude.
  3. s f LING Figura que consiste en evitar un signo lingüístico e remarcalo ao mesmo tempo por medio dalgunha expresión que indirectamente o conecta e suxire.

Citas

  • A alusión aos problemas internos da empresa sobraba
  • Fixo tres alusións directas ás acusacións que lle fixeran

Palabras veciñas