medio -dia

< lat medĭu
Plural: medios Masculino: medio Masculino plural: medios Feminino: media Feminino plural: medias
  1. adx Que é ou está na metade dun todo.
  2. adx Que está entre dous extremos e responde ás características da maioría.
  3. adx MAT Que se obtén tras facer a media aritmética.
  4. adx LING Aplícase á vogal que ten o grao de abertura entre o das vogais pechadas e o das abertas.
  5. adx LING Aplícase ao son que ten o punto de articulación entre a parte posterior e a anterior da cavidade bucal.
  6. adx ANTROP/FISIO Aplícase ao individuo que ten o índice facial superior entre 48 e 52,9, polo que a súa cara é media.
  7. s m Punto que equidista de dous ou máis.
  8. s m Punto que se sitúa, aproximadamente, á mesma distancia do seu inicio ca da súa fin.
  9. s m XEOG Conxunto de condicións ambientais onde está un obxecto ou vive un organismo ou unha comunidade de organismos. Fai referencia aos aspectos externo e interno das condicións ambientais e comprende os elementos físicos e naturais, xunto aos humanos e culturais.
  10. s m Circunstancias que rodean a vida dunha persoa ou unha acción.
  11. s m Aquilo que serve para conseguir un fin.
  12. s m pl Recursos económicos.
  13. s m pl Grupo de persoas que comparten certas caraterísticas.
  14. adv Non de todo, un pouco.
  15. medio de contraste MED substancia de contraste.
  16. medio de cultivo MICROB Substrato que se emprega para facer crecer e multiplicar organismos vivos, especialmente microorganismos.
  17. medio interestelar ASTRON/FÍS materia interestelar.
  18. medio interno FISIOL Conxunto de líquidos extracelulares que envolven as células dun organismo sen comunicación co exterior.
  19. medio interplanetario ASTRON Parte do sistema solar que se sitúa entre os planetas.
  20. medio natural ECOL Conxunto de condicións ambientais que constitúen o marco no que se desenvolve a existencia dun ser vivo ou dunha comunidade e que comprenden os factores que inflúen no desenvolvemento dun organismo, salvando o factor xenético.
  21. medio selectivo MICROB Medio que permite separar especies ou estirpes bacterianas mediante técnicas de illamento directo ou de cultivo de enriquecemento.

Sinónimos

Citas

  • A túa nota media non chega a notable
  • Comeu media barra de pan
  • Comprou un coche de tipo medio
  • Considérase un español medio
  • Cortou a tea polo medio, Chegou no medio da noite pedindo axuda
  • É medio rubia
  • Medio mundo morre de fame
  • O aire é o medio en que vivimos
  • Obtivo o punto medio dun segmento, A profundidade máis grande atópase no curso medio do río
  • Os medios cos que conta non son suficientes
  • Procede de medios aristocráticos
  • Saudounos cun medio sorriso
  • ¿Que medios empregou para conseguilo?

Frases feitas

  • No medio/Polo medio e medio 1 Na metade ou pola metade.
  • 2 Que est
  • Por medio de. A trav

Refráns

  • A galiña na casa rica sempre pica.
  • Agulla e fío é medio vestido.
  • As teña eu para voar, que o cibo non ha faltar.
  • Cada me niño ao nacer trae un pan baixo do brazo.
  • Cada pobre enterra o seu pai como pode.
  • Cada un estende a manta seguendo é a cama.
  • Con bo pano e bo xastre faise un bo traxe.
  • Con nada non se fai nada.
  • Dá Deus ás á formiga para morrer máis axiña.
  • Dá Deus de comer a quen non ten dentes.
  • Dá Deus fabas ao que non ten queixadas.
  • Dá Deus mocos ao que non se sona.
  • Dá Deus panos ao que non ten narices.
  • Dá Deus que roer ao que lle faltan moas e dentes.
  • Dá Deus talladas ao que non ten dentamia.
  • Dáme quilla" e dareiche millas.
  • Enriba dun ovo pon unha galiña.
  • Fun á casa do meu veciño e avergonceime, vin á miña e goberneime.
  • Haxa carne para comer, que fame non ha de faltar.
  • Mal camiño non vai a bo lugar.
  • Mal vai a barca sen remos cando o mar non está quedo.
  • No tear déixemo Deus poñer, que, inda que sexa o diaño, hao tecer.
  • O mellor danzante tópase ás veces sen castañolas.
  • O que non pode, cos dentes acode.
  • O que ten boca, sopra.
  • O que teña ás para voar, logo atopará un pombal.
  • Onde hai cepos logo se fan achas.
  • Palleiro sen palla non se pode facer.
  • Pedra sen auga non aguza na frágoa.
  • Polo rabo da culler vai o gato á ola.
  • Por bo camiño vaise a mal lugar.
  • Por mal camiño vaise a bo lugar.
  • Por todas partes se vai á miña casa.
  • Por todas partes vaise a Roma.
  • Se Deus me pon onde o hai, xa arranxarei eu o demais.
  • Se queres ter ovos, mantén a galiña.
  • Tendo liilgua e que comer, o home vai a onde quer.
  • Tendo lingua e que comer vai o home a onde quer.
  • Tres cousas pediría, se Deus mas dese: a tea, o tear e a que tece.
  • Vai a carto a vaca, pero o que non ten un carto non a cata.
  • Vive como poi das e non como queiras.
  • ¡Benia os meus bens que remedian os meus males!
  • ¡Deus dea que comer, que as ganas elas virán!
  • ¿Por que non casas, Xan? -Porque vai moi caro o pan.

Palabras veciñas