adxQue está entre dous extremos e responde ás características da maioría.
adxMATQue se obtén tras facer a media aritmética.
adxLINGAplícase á vogal que ten o grao de abertura entre o das vogais pechadas e o das abertas.
adxLINGAplícase ao son que ten o punto de articulación entre a parte posterior e a anterior da cavidade bucal.
adxANTROP/FISIOAplícase ao individuo que ten o índice facial superior entre 48 e 52,9, polo que a súa cara é media.
smPunto que equidista de dous ou máis.
smPunto que se sitúa, aproximadamente, á mesma distancia do seu inicio ca da súa fin.
smXEOGConxunto de condicións ambientais onde está un obxecto ou vive un organismo ou unha comunidade de organismos. Fai referencia aos aspectos externo e interno das condicións ambientais e comprende os elementos físicos e naturais, xunto aos humanos e culturais.
smCircunstancias que rodean a vida dunha persoa ou unha acción.
smAquilo que serve para conseguir un fin.
sm plRecursos económicos.
sm plGrupo de persoas que comparten certas caraterísticas.
advNon de todo, un pouco.
medio de contrasteMEDsubstanciadecontraste.
medio de cultivoMICROBSubstrato que se emprega para facer crecer e multiplicar organismos vivos, especialmente microorganismos.
medio interestelarASTRON/FÍSmateriainterestelar.
medio internoFISIOLConxunto de líquidos extracelulares que envolven as células dun organismo sen comunicación co exterior.
medio interplanetarioASTRONParte do sistema solar que se sitúa entre os planetas.
medio naturalECOLConxunto de condicións ambientais que constitúen o marco no que se desenvolve a existencia dun ser vivo ou dunha comunidade e que comprenden os factores que inflúen no desenvolvemento dun organismo, salvando o factor xenético.
medio selectivoMICROBMedio que permite separar especies ou estirpes bacterianas mediante técnicas de illamento directo ou de cultivo de enriquecemento.