sfMartelo grande composto dunha peza de ferro de sección octogonal e lixeiramente afiada e dun mango delgado e longo para picar a pedra.
sfUtensilio que consiste nun pau cunha parte grosa nun dos seus extremos, que se usa para mazar ou espadelar o liño e outros cereais.
sfInstrumento que consiste nun pau rematado nunha peza máis gorda e arredondada nun dos seus extremos, e que se emprega para mazar o leite e separarlle a manteiga.
sfCONSTRInstrumento de percusión con forma semellante á dun martelo que se emprega en diferentes oficios para machucar, dobrar ou aplanar algunha cousa.
sfBÉLArma antiga contundente que consiste nun bastón de cabeza grosa.
sfCONSTRPeza do martinete que consiste nun bloque pesado guiado por dous raís que se deixa caer sobre unha estaca para cravala.
sfENTOMEngrosamento nos últimos artellos das antenas dalgúns insectos.