maza

< lat v *mattĕa
Pliral: mazas
  1. s f Martelo grande composto dunha peza de ferro de sección octogonal e lixeiramente afiada e dun mango delgado e longo para picar a pedra.
  2. s f Utensilio que consiste nun pau cunha parte grosa nun dos seus extremos, que se usa para mazar ou espadelar o liño e outros cereais.
  3. s f Instrumento que consiste nun pau rematado nunha peza máis gorda e arredondada nun dos seus extremos, e que se emprega para mazar o leite e separarlle a manteiga.
  4. s f CONSTR Instrumento de percusión con forma semellante á dun martelo que se emprega en diferentes oficios para machucar, dobrar ou aplanar algunha cousa.
  5. s f BÉL Arma antiga contundente que consiste nun bastón de cabeza grosa.
  6. s f CONSTR Peza do martinete que consiste nun bloque pesado guiado por dous raís que se deixa caer sobre unha estaca para cravala.
  7. s f ENTOM Engrosamento nos últimos artellos das antenas dalgúns insectos.

Confrontaciones

Refranes

  • Maceiras na horta, rapaces á porta.
  • Mazá, troita e muller, que sexa fresca, se pode ser.

Palabras vecinas