matrícula de aeronavesDERMatrícula pública que acredita a nacionalidade e a propiedade das aeronaves.
matrícula de barcosDERLista das embarcacións inscritas en cada porto.
matrícula de comerciantesDERMatrícula pública en que constan as persoas físicas ou xurídicas que exercen o comercio.
sf
Rexistro en que se inscriben oficialmente persoas ou cousas para un fin determinado.
DERInscrición identificativa de carácter legal que leva na proa, debaixo do nome, unha embarcación.
sfConxunto de persoas ou cousas matriculadas.
sfDocumento que acredita que algo ou alguén foi inscrito nun rexistro.
sfPlaca dun automóbil ou de calquera outro vehículo de tracción, que indica o número que lle corresponde nun rexistro.
matrícula de honraEDUCCualificación máxima extraordinaria que se obtén nunha materia de estudos.
matrícula de marHISTAlistamento obrigatorio dos homes de mar para a mariña, ordeado en 1726. Habitualmente, servían na mariña de guerra durante dous anos ou campañas, e era obrigatoria para poder navegar e traballar na industria naval. Conservou a súa vixencia ata 1872.