martelo

< lat tardío martellu, de martullu
Plural: martelos
  1. s m Ferramenta formada por unha peza xeralmente metálica, que é a que bate, unida a un mango delgado e longo, que se emprega en certos oficios para dar golpes.
  2. s m Peza do mecanismo de certas armas de fogo que golpea sobre o percusor para provocar a explosión.
  3. s m DEP Bóla de ferro unida a unha corda de aceiro que se emprega para facer lanzamentos nunha disciplina atlética.
  4. s m Peza que bate na campaíña dun reloxo para dar as horas.
  5. s m ANAT Óso do oído medio que transmite a vibración do tímpano á bigornia.
  6. martelo mecánico TECNOL Martelo en que á enerxía de baixada da masa móbil se suma a transmitida por unha bésta, previamente deformada pola subida anterior da masa móbil.
  7. martelo pneumático TECNOL Máquina perforadora que utiliza o aire comprimido como enerxía motriz.