marcaxe

< marcar
Plural: marcaxes
  1. s f DEP Acción e efecto de marcar un xogador a outro do equipo contrario.
  2. s f Liña que indica a separación entre dúas terras.
  3. marcaxe radioactiva QUÍM/BIOL Procedemento mediante o que se substitúe un ou varios átomos dunha molécula por un indicador isotópico radioactivo.

Confrontacións

Citas

  • A marcaxe das terras fixo que rifasen
  • Non houbo goles nun partido onde triunfaron as férreas marcaxes sobre as dianteiras