marcar

< ital marcare? longobardo *markan?
  1. v t
    1. Poñer unha marca en algo ou alguén para distinguilo e recoñecelo ou para facelo notar.
    2. Poñer o prezo a un produto comercial.
    3. ECON Asignar o prezo aos produtos.
  2. v t
    1. Deixar marca sobre algo ou alguén.
    2. Deixar marca na personalidade dunha persoa. Tm abs.
    3. FÍS Inducir radioactividade a un elemento ou substancia para poder detectalo e seguir os seus desprazamentos.
  3. v t Servir de marca ou sinal para recoñecer ou indicar algo.
  4. v t Indicar un aparato cantidades ou magnitudes.
  5. v t Accionar, no disco ou teclado dun teléfono ou noutro aparato dixital, un número. Tm abs.
  6. v t DEP Anotar un tanto. Tm abs.
  7. v t DEP ixiar de preto un xogador a un rival para impedir ou dificultar o seu xogo.

Sinónimos

Citas

  • A miña nai marcoulle o mandilón da escola a meu irmán pequeno
  • Aquela árbore marca a estrema dos nosos montes
  • Cando viu a pelexa marcou o número da policía, OBS: Nalgunhas construccións omítese o complemento e adquire valor absoluto, Ti marca que che contestan nun intre
  • Ese vestido márcalle toda a cadeira
  • Hoxe os termómetros marcarán as temperaturas máis altas do verán
  • Márcame o pelo que mañá teño unha voda, OBS: Nalgunhas construccións omítese o complemento e adquire valor absoluto, Quero que me laves e marques
  • Marcaremos esas pezas de roupa antes de que comecen as rebaixas
  • Marcoulle o lombo por ter escapado da casa
  • Marcouno o feito de ser fillo de emigrantes, OBS: Nalgunhas construccións omítese o complemento e adquire valor absoluto, Quedou marcado pola morte do seu pai
  • Nun desfile é fundamental marcar ben o paso
  • O Celta marcou un gol impresionante na final, OBS: Nalgunhas construccións omítese o complemento e adquire valor absoluto, Marcou de cabeza e lograron forzar a prórroga
  • O defensa marcou con perfección o dianteiro contrario
  • O profesor marcoume os exercicios que tiña que facer
Verbo: marcar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

marco

marcas

marca

marcamos

marcades

marcan

Copretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

marcaba

marcabas

marcaba

marcabamos

marcabades

marcaban

Pretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

marquei

marcaches

marcou

marcamos

marcastes

marcaron

Antepretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

marcara

marcaras

marcara

marcaramos

marcarades

marcaran

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

marcarei

marcarás

marcará

marcaremos

marcaredes

marcarán

Pospretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

marcaría

marcarías

marcaría

marcariamos

marcariades

marcarían

Subxuntivo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

marque

marques

marque

marquemos

marquedes

marquen

Imperfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

marcase

marcases

marcase

marcasemos

marcasedes

marcasen

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

marcar

marcares

marcar

marcarmos

marcardes

marcaren

Imperativo

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

-

marca

-

-

marcade

-

Formas nominais

Infinitivo conxugado

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

marcar

marcares

marcar

marcarmos

marcardes

marcaren

Xerundio

marcando

Participio

marcado

marcada

marcados

marcadas