marca

< lat tardío marca xerm *mark
Plural: marcas
  1. s f Acción de marcar.
  2. s f Sinal que se fai a algo ou alguén para distinguilo.
  3. ECON
    1. s f Distintivo particular e exclusivo que un fabricante lle pon ás súas mercadorías e que garante a súa procedencia.
    2. s f p ext Empresa que fabrica produtos de marca.
    3. marca rexistrada Signo ou nome representativo dunha fábrica rexistrada legalmente.
  4. s f Trazo ou conxunto de trazos deixados por algo ou alguén no lugar sobre o que estivo.
  5. s f Impresión forte que quedou dun determinado suceso.
  6. s f DEP Resultado que serve de referencia nalgunhas competicións deportivas.
  7. s f
    1. Sinal que queda na pel de forma momentánea froito do contacto ou presión dunha cousa sobre ela.
    2. Cicatriz que deixa unha ferida.
  8. s f HIST Entidade xeográfica ou político-militar fronteiriza.
  9. s f MAR Punto da costa que utilizan os mariñeiros como punto de referencia.

Sinónimos

Citas

  • Aquela muller deixou nel unha marca imborrable
  • As estrelas serviron de marca para guiarnos no camiño
  • Esta marca de coches ten moito prestixo
  • Esta pulseira quédame apretada e déixame marca
  • O atleta mellorou a súa marca persoal
  • O lobo pasou por aquí porque aínda se ven as súas marcas na neve, Enfadouse porque lle deixou as marcas dos dedos no cristal
  • O patrón do barco tomou como marca o cabo da Nave
  • Os atletas xa están situados nas marcas de saída
  • Quedáronlle marcas do accidente por toda a cara
  • Recoñeceralo perfectamente porque lle puxen unha marca

Frases feitas

  • 2 De calidade asegurada.
  • De marca 1 De empresa comercial co
  • Superar unha marca. Ser mellor ou superar a outro na realizaci

Formas incorrectas

récord