andróxeno -na

< lat androgynus gr ἁ ν ή ρ, ἀ νδρός ‘varón’ + γυν ή ‘muller’
Plural: andróxenos Masculino: andróxeno Masculino plural: andróxenos Feminino: andróxena Feminino plural: andróxenas
  1. adx Que produce órganos, células e outras estruturas de carácter masculino.
  2. adx Que provoca ou estimula a aparición de caracteres sexuais masculinos.
  3. s BIOQ/FISIOL Cada unha das hormonas sexuais de acción masculinizante segregadas polos testículos, polo córtex suprarrenal e, en pequena cantidade, polos ovarios.