androxinia

Plural: androxinias
  1. s f PAT Pseudohermafroditismo parcial no home e na muller. Os individuos con gónadas masculinas (testículos) presentan cliptorquidia e teñen certos caracteres sexuais externos da muller. Os individuos con gónadas femininas (ovarios) presentan algúns caracteres sexuais externos masculinos.
  2. s f BOT Presenza na mesma planta de órganos reprodutores masculinos e femininos.