mancha

< lat macŭla
Plural: manchas
  1. s f Sinal de sucidade que aparece sobre unha cousa debido á presenza doutra substancia diferente.
  2. s f Pequena parte nunha superficie de diferente cor que a dominante.
  3. s f Enfermidade da pataca que se caracteriza pola presenza de partes de diferente cor na súa carne.
  4. s f Deshonra ou motivo de vergoña para unha persoa.
  5. mancha branca ANAT Protuberancia branca que se atopa na superficie ventricular anterior á válvula mitral.
  6. mancha catódica FÍS Parte luminosa da superficie do cátodo nunha válvula de arco, onde se concentra a emisión electrónica.
  7. mancha cribosa ANAT Área da parede do vestíbulo perforada para o paso de filamentos do nervio auditivo.
  8. mancha iónica FÍS Mancha negra que aparece na pantalla dos tubos catódicos de desviación magnética que se produce a consecuencia do bombardeo iónico.
  9. mancha ocular ANAT Asociación de células fotosensibles e pigmentadas que forman grupos diferenciados.
  10. mancha solar ASTRON Manifestación da actividade solar que se presenta en forma dunha mancha escura, de contornos irregulares, que ocupa unha pequena rexión da fotoesfera solar.

Sinónimos

Refráns

  • A mancha grande non hai xabrón que a lave.
  • Non che importe a mancha que sae con auga.
  • O golpe da tixola lixa, anque non doia.
  • O que unha mora tinxe, outra destinxe.
  • Quen con fariña anda, branco se pon.