Ir ao contido principal
DIGALEGO | Dicionario de Galego
DIGALEGO
Dicionario de Galego
DIGALEGO | Dicionario de Galego
Selector de idioma
Galego
Castellano
Pechar o selector de idioma
Participa
Outros recursos
O dicionario
Galego
Castellano
Participa
Outros recursos
O dicionario
Abrir/pechar menú
Características
Abreviaturas
Apéndice gramatical
Créditos
DIGALEGO | Dicionario de Galego
DIGALEGO
Dicionario de Galego
DIGALEGO | Dicionario de Galego
Definicións
Sinónimos
Conxugador
Refráns
Buscar termo
Opcións avanzadas
Palabra completa
Comeza por
Contén
Remata en
En toda a entrada
Idioma
Seleccione un idioma
Inglés
Castelán
Francés
Italiano
Buscar termo
Buscar termo
Buscar termo
maldade
Escoitar
< lat malĭtāte
Plural:
maldades
s
f
Calidade do que é malo moralmente.
s
f
Acción ou cousa mala e daniña.
Sinónimos
falcatrúa
,
falcatruada
,
trasnada
Refráns
A árbore que nace torta, tarde ou nunca se endereita.
A boa ocasión pasa unha vez; a mala, dez.
A gando bravo, corda larga.
A mala herba logo crece.
A mala herba non a come a xeada.
A mala herba non morreo
A unha árbore ruín e torta ponlle axiña outra.
A zorra mudará os dentes mais non as mentes.
Becho malo nunca morre e, se morre, morre tarde.
Ben sabe o diaño a quen tenta e a be sta a que n derruba.
Coa mala persoa o mellor remedio é terra no medio.
Come o lobo de toda a carne, menos da súa, que a lambe o
Come, marido, pan e cebola, que, xa que es mín, non che poño a ola.
Cousa mala nunca morreo
De achaque non ten mester o mal home que mal quere facer.
De borne coxo e can rabeno ¡líbrenos Deus coma do demo!
De ser boa non teño gana, de ser mala dámo a alma.
De ser boa non teño gana; de ser mala dámo a alma; non se me teñen os pes na cama.
Dende que nacín, chorei; e cada día tiven por que.
Déronme un ovo e déronmo grolo.
En todas partes cocen fabas e nalgunhas a caldeiradas.
Fai mal e agarda outro tal.
Mal con mal, mátase o mal.
Mala cousa nunca morre.
Malo virá que bo me fará.
Non a fagas e non a temas.
Non fagas mal, que é pecado mortal; nin fagas ben, que é pecado tamén.
Non fai tanto o raposo nun ano, como paga nunha hora.
Non hai máis mala xente cós homes e as mulleres.
Non hai mal bo.
Non hai mal sen pena nin ben sen boa estrea.
Non hai mal sen pena.
Non hai quen faga mal, que despois non o veña pagar.
Non lle quero ben nin mal mais folgaríame velo na forca espernexar.
O ben chega a poucos e o mal a todos.
O ben hai que buscalo; o mal abonda con agardalo.
O ben véndese por onzas e o mal por arrobas.
O demo, para as facer, pon a manta e, para as descubrir, toca a gaita.
O mal andar trae mal parar.
O mal entra a brazadas e sae a migalladas.
O mal entra como un louco e sae pouco a pouco.
O mal entra por quintales e sae por adarmes.
O mal marido, sírveo como señor e gárdate del coma dun traidor.
O malo darlle diñeiro ou casalo, se é solteiro.
O malo sempre soña engano.
O malo vaia e veña, e o bo nunca se perda.
O malo, nunha man o pan e noutra o pau.
O malo, para facer mal, achaques ha de atopar.
O malo, para mal facer, achaques non ha mester.
Ó malo, procura escarmentalo.
O que a faga, que a pague.
Ó que co demo traballa os bois se lle desmandan.
Ó que fai mal nunca achaque lle ha faltar.
O que nace torto, tarde ou nunca se endereita.
O que pide mal para o seu veciño, venlle o seu mal polo camiño.
Ó que se alegra do mal do veciño, xa lle vén o seu polo camiño.
O que se alegra do mal do veciño, xa lle vén o seu polo caniiño.
O que vai facer mal xa vai medio ferido -di o refrán.
Onde hai un malo nunca falta un bo.
Onde hai un malo pode haber outro peor.
Onde que ira hai pulgas: e as da miña casa son rabudas.
Onde queira que está non lle falta mal ano.
Os cans da miña tía, non tendo a quen morder, uns a outros se mordían.
Os males non precisan que os chamen.
Quen a faga, tarde ou cedo ha de pagala.
Quen malas mañas ha, tarde ou nunca as perderá.
Quen malo foi unha vez, serao dez.
Quen ruín é na súa terra, ruín é fóra dela.
Se fas mal, agarda outro tal.
Se fas mal, espera cousa igual.
Se non tes para o ben, para o mal non che faltara.
Se queres boas obras, fainas; e, se malas, até ndeas.
Son lobos dunha camada: se algún non esfola, é que mata.
Tan castrón é un cun corno coma con moitos.
Teño gana de ser mala, non se me teñen as pernas na casa.
Un demo a outro demo non lle achega os tizóns ao pelexo.
Un ruío ido e outro vido.
Uns matan e outros esfolan.
¡O malo e ao enfermo Deus lle dea saúde ata que sane!
¿A onde vas, mal? -A onde máis hai.
¿Fas mal? Espera outra cousa igual.
Palabras veciñas
malcomer
malcriado -da
malcriar
maldade
maldicente
maldición
maldicir