maduración

< lat v *maturatĭōne
Plural: maduracións
  1. s f Acción e efecto de madurar.
  2. s f BIOL Proceso polo que células ou tecidos dun órgano adquiren pleno desenvolvemento.
  3. s f BIOL Proceso en que as células sexuais diploides se transforman en gametos haploides.
  4. s f PAT Proceso de formación de pus nun absceso.
  5. s f ALIM Operación que consiste en deixar repousar un alimento ata que adquire as propiedades adecuadas.
  6. s f BOT Conxunto de transformacións que sofren o óvulo e o ovario e que dan lugar ao froito.