madrugar

< lat v *maturicāre, de lat maturare ‘apurarse’
  1. v i Erguerse cedo pola mañá.
  2. v i Anticiparse algo ou alguén ao tempo normal ou lóxico en que debe acontecer.

Citas

  • Co bo tempo que fai as andoriñas han madrugar moito este ano
  • Levantarse ás dez non é madrugar

Refráns

  • A quen cedo se ergue, logo lle amañece/cedo lle estrelece.
  • A quen madruga, Deus o axuda.
  • Home madrugadeiro non quere que o desperten.
  • Home que madruga, dalgo ten cura.
  • Home que madruga, Deus o axuda.
  • Madruga e verás, busca e atoparás.
  • Madruga e verás, traballa e terás.
  • Moito madruga Xan de Gadella, moito madruga e ben tarde aparella.
  • Non por moito madrugar amañece máis axiña.
  • O aforrar non é por moito madrugar.
  • Ó que madruga Deus o axuda.
  • Ó que primeiro se ergue todo lle serve.
  • O que se levanta cedo repara o seu e mailo alleo.
  • Pouco importa madrugar, se non hai gana de trabailar.
  • Quen trasnoita e madruga, vai montado en boa burra.
  • Se queres ter boa fama, non te colla o sol na cama.
  • Sol madrugueiro non é compañeiro.
  • Sol que moito madruga, pouco dura.
  • Vale máis que n Deus axuda ca quen moito madruga.
  • Xa ten que madrugar, o que a raposa ha de enganar.
Verbo: madrugar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

madrugo

madrugas

madruga

madrugamos

madrugades

madrugan

Copretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

madrugaba

madrugabas

madrugaba

madrugabamos

madrugabades

madrugaban

Pretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

madruguei

madrugaches

madrugou

madrugamos

madrugastes

madrugaron

Antepretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

madrugara

madrugaras

madrugara

madrugaramos

madrugarades

madrugaran

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

madrugarei

madrugarás

madrugará

madrugaremos

madrugaredes

madrugarán

Pospretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

madrugaría

madrugarías

madrugaría

madrugariamos

madrugariades

madrugarían

Subxuntivo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

madrugue

madrugues

madrugue

madruguemos

madruguedes

madruguen

Imperfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

madrugase

madrugases

madrugase

madrugasemos

madrugasedes

madrugasen

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

madrugar

madrugares

madrugar

madrugarmos

madrugardes

madrugaren

Imperativo

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

-

madruga

-

-

madrugade

-

Formas nominais

Infinitivo conxugado

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

madrugar

madrugares

madrugar

madrugarmos

madrugardes

madrugaren

Xerundio

madrugando

Participio

madrugado

madrugada

madrugados

madrugadas