macho

< lat mascūlu
Plural: machos
  1. s m Ser vivo coas características do sexo masculino.
  2. s m Animal que se utiliza como semental.
  3. s m Peza que se introduce ou encaixa noutra.
  4. s m Peza metálica que se emprega para facer a rosca na fura dun trade.
  5. adx Que ten as calidades que se consideran propias do sexo masculino.
  6. macho do temón MAR Pinzón fixo do temón, que encaixa noutro denominado femia.

Antónimos

Citas

  • Crese moi macho por falarlle así a unha persoa maior
  • O carneiro é o macho da ovella
  • Portouse coma un macho naquela perigosa situación

Palabras veciñas