femia

< lat femĭna
Plural: femias
  1. s f BIOL
    1. Animal do sexo feminino.
    2. Animal hermafrodita protoxínico ou proterándrico no que só é funcional a gónada feminina.
  2. s f BOT Individuo que dá froitos, naquelas especies que teñen os sexos separados en distintos pés.
  3. s f TECNOL Peza que contén un buraco no que se introduce ou encaixa outra peza, denominada macho.