sfFÍSForma de enerxía, que é capaz de impresionar os órganos da vista e permitir ver os corpos que a emiten, constituída por radiacións electromagnéticas e ocupa un intervalo moi pequeno no espectro electomagnético coñecido. É unha forma de enerxía radiante que se presenta simultaneamente en forma de partículas (fotóns), e en forma de ondas.
sfTECNOL/FÍSCantidade de electricidade que atravesa a sección dun condutor na unidade de tempo.
luz artificialINDLuz producida por un aparato de iluminación. Segundo a enerxía empregada para producila fálase de luz eléctrica ou de gas.
luz branca/acromática /FÍS/INDLuz que non produce ningunha sensación de cor definida. Trátase dunha luz policromática máis ou menos semellante á luz solar.
luz directaINDLuz que procede do foco luminoso sen reflexións nin difusións intermedias.
luz fría /FÍS/INDLuz que se produce por luminiscencia.
luz indirectaINDLuz que chega ao obxecto iluminado despois de ser difundida ou reflectida.
luz monocromáticaFÍSLuz constituída por ondas electromagnéticas da mesma frecuencia.
luz naturalINDLuz emitida por unha fonte luminosa natural. A máis corrente e útil é a que provén do Sol, que se denomina tamén luz solar ou de día.
luz natural/ordinariaFÍSLuz constituída por ondas electromagnéticas de amplitude e fases calquera e cos correspodentes vectores eléctricos orientados en direccións que varían ao azar no transcurso do tempo.
luz negra/de WoodFÍSOndas electromagnéticas do espectro ultravioleta.
luz polarizadaFÍSLuz constituída por unha onda electromagnética polarizada.
luz policromáticaFÍSLuz constituída por ondas electromagnéticas de distintas frecuencias.
luz zodiacal /METEOR/ASTRONLuminosidade feble e difusa que se observa na parte de poñente do ceo despois do crepúsculo vespertino e na parte de levante pouco antes da alba.
sfINDAparato de iluminación destinado a repartir, filtrar ou transformar a luz das lámpadas, e que comprende, ademais, todos os elementos necesarios para fixar e protexer ditas lámpadas, ademais dos dispositivos de conexión ao circuíto de alimentación.
sfTRANSPDispositivo luminoso situado nun lugar visible do exterior dun vehículo ou dun aparato que se emprega para indicar o seu funcionamento, posición ou situación.
luz de cruzamento/curtaTRANSPLuz cun alcance de ata 40 m que empregan os automóbiles ou motocicletas.
luz de estrada/longaTRANSPLuz cun alcance mínimo de 100 m, que empregan os automóbiles e motocicletas.
luz de freoTRANSPLuz da parte posterior dos automóbiles ou motocicletas que se acenden automaticamente ao pisar o pedal do freo.
luz de gáliboTRANSPLuz situada nos ángulos superiores dos camións e autocares de máis de 2 m de anchura e 6 m de longo.
luz de marcha atrásTRANSPLuz da parte posterior dos automóbiles que se acende cando se efectúan manobras de marcha atrás.
luz de néboaTRANSPLuz situada na parte dianteira e traseira do vehículo que reforza a capacidade de iluminación das luces de estrada en circunstancias de escasa visibilidade.
luz de poboación/de cidadeTRANSPCada unha das luces cun alcance menor de 100 m, que empregan os automóbiles e motocicletas, cando circulan por unha poboación ou por unha estrada cando circula un vehículo diante.
luz de posiciónTRANSPLuz que, situada preto das partes máis saíntes do vehículo, serve para indicar a súa posición.
luz intermitenteTRANSPLuz de funcionamento intermitente que serve para indicar as manobras laterais dun vehículo.
luz de pistaAERONDispositivo luminoso que definen de forma clara as pistas dun aeroporto para poder realizar con seguridade as manobras de aterraxe e voo das aeronaves.
sf
Diámetro interior dun tubo ou canalización.
BIOLEspazo do interior dun intestino, dunha arteria, vea ou capilar, ou da cavidade dun órgano baleiro.
sf
ARQUITCada un dos vans que proporcionan a iluminación do interior dun edificio.
ARQUIT/ARTEDistancia horizontal entre os apoios dun arco.
sf figPersoa, cousa ou coñecemento que ilumina a mente ou o corazón ou que serven de guía.
sf figCapacidade intelectual dunha persoa.
luz de situaciónMAR/AERONLuz que se emprega, de acordo co Regulamento Internacional, para prever os accidentes. Deben levala obrigatoriamente as embarcacións para sinalar a súa presenza durante a noite. O seu número, cor e disposición varía segundo as circunstancias.