luz

< lat luce
Pliral: luces
    1. s f FÍS Forma de enerxía, que é capaz de impresionar os órganos da vista e permitir ver os corpos que a emiten, constituída por radiacións electromagnéticas e ocupa un intervalo moi pequeno no espectro electomagnético coñecido. É unha forma de enerxía radiante que se presenta simultaneamente en forma de partículas (fotóns), e en forma de ondas.
    2. s f TECNOL/FÍS Cantidade de electricidade que atravesa a sección dun condutor na unidade de tempo.
    3. luz artificial IND Luz producida por un aparato de iluminación. Segundo a enerxía empregada para producila fálase de luz eléctrica ou de gas.
    4. luz branca/acromática / FÍS/IND Luz que non produce ningunha sensación de cor definida. Trátase dunha luz policromática máis ou menos semellante á luz solar.
    5. luz directa IND Luz que procede do foco luminoso sen reflexións nin difusións intermedias.
    6. luz fría / FÍS/IND Luz que se produce por luminiscencia.
    7. luz indirecta IND Luz que chega ao obxecto iluminado despois de ser difundida ou reflectida.
    8. luz monocromática FÍS Luz constituída por ondas electromagnéticas da mesma frecuencia.
    9. luz natural IND Luz emitida por unha fonte luminosa natural. A máis corrente e útil é a que provén do Sol, que se denomina tamén luz solar ou de día.
    10. luz natural/ordinaria FÍS Luz constituída por ondas electromagnéticas de amplitude e fases calquera e cos correspodentes vectores eléctricos orientados en direccións que varían ao azar no transcurso do tempo.
    11. luz negra/de Wood FÍS Ondas electromagnéticas do espectro ultravioleta.
    12. luz polarizada FÍS Luz constituída por unha onda electromagnética polarizada.
    13. luz policromática FÍS Luz constituída por ondas electromagnéticas de distintas frecuencias.
    14. luz zodiacal / METEOR/ASTRON Luminosidade feble e difusa que se observa na parte de poñente do ceo despois do crepúsculo vespertino e na parte de levante pouco antes da alba.
    1. s f IND Aparato de iluminación destinado a repartir, filtrar ou transformar a luz das lámpadas, e que comprende, ademais, todos os elementos necesarios para fixar e protexer ditas lámpadas, ademais dos dispositivos de conexión ao circuíto de alimentación.
    2. s f TRANSP Dispositivo luminoso situado nun lugar visible do exterior dun vehículo ou dun aparato que se emprega para indicar o seu funcionamento, posición ou situación.
    3. luz de cruzamento/curta TRANSP Luz cun alcance de ata 40 m que empregan os automóbiles ou motocicletas.
    4. luz de estrada/longa TRANSP Luz cun alcance mínimo de 100 m, que empregan os automóbiles e motocicletas.
    5. luz de freo TRANSP Luz da parte posterior dos automóbiles ou motocicletas que se acenden automaticamente ao pisar o pedal do freo.
    6. luz de gálibo TRANSP Luz situada nos ángulos superiores dos camións e autocares de máis de 2 m de anchura e 6 m de longo.
    7. luz de marcha atrás TRANSP Luz da parte posterior dos automóbiles que se acende cando se efectúan manobras de marcha atrás.
    8. luz de néboa TRANSP Luz situada na parte dianteira e traseira do vehículo que reforza a capacidade de iluminación das luces de estrada en circunstancias de escasa visibilidade.
    9. luz de poboación/de cidade TRANSP Cada unha das luces cun alcance menor de 100 m, que empregan os automóbiles e motocicletas, cando circulan por unha poboación ou por unha estrada cando circula un vehículo diante.
    10. luz de posición TRANSP Luz que, situada preto das partes máis saíntes do vehículo, serve para indicar a súa posición.
    11. luz intermitente TRANSP Luz de funcionamento intermitente que serve para indicar as manobras laterais dun vehículo.
    12. luz de pista AERON Dispositivo luminoso que definen de forma clara as pistas dun aeroporto para poder realizar con seguridade as manobras de aterraxe e voo das aeronaves.
  1. s f
    1. Diámetro interior dun tubo ou canalización.
    2. BIOL Espazo do interior dun intestino, dunha arteria, vea ou capilar, ou da cavidade dun órgano baleiro.
  2. s f
    1. ARQUIT Cada un dos vans que proporcionan a iluminación do interior dun edificio.
    2. ARQUIT/ARTE Distancia horizontal entre os apoios dun arco.
  3. s f fig Persoa, cousa ou coñecemento que ilumina a mente ou o corazón ou que serven de guía.
  4. s f fig Capacidade intelectual dunha persoa.
  5. luz de situación MAR/AERON Luz que se emprega, de acordo co Regulamento Internacional, para prever os accidentes. Deben levala obrigatoriamente as embarcacións para sinalar a súa presenza durante a noite. O seu número, cor e disposición varía segundo as circunstancias.

Confrontaciones

Citas

  • A súa filosofía foi a luz de toda unha xeración
  • Non o entende porque non ten moitas luces
  • O tubo está tan oxidado que xa non ten luz para que pase a auga
  • O uso das luces na obra deste pintor é o seu trazo máis característico

Frases hechas

  • Ver a luz 1 Ser publicado ou co
  • 2 Nacer.
  • 2 Xulgado pola informaci
  • A todas luces. Evidentemente.
  • Botar luz sobre un asunto. Aclarar un asunto.
  • Dar a luz. Parir.

Refranes

  • A muller e a tea quéroa á luz da candea.
  • Candil con moco alumea pouco.
  • Na casa do cereiro ninguén se deita ás escuras.
  • Non hai mellor luz cá da mañá.

Palabras vecinas