Calidade de luminoso dun obxectivo ou dunha óptica.
sfFÍSAtributo da sensación visual segundo o que unha superficie determinada semella emitir máis ou menos luz. Constitúe unha das características da sensación de cor. Denominada tamén brillantez, é aproximadamente o correspondente psicosensorial da magnitude fotométrica que se coñece como luminancia.
luminosidade absolutaASTRONFluxo enerxético total emitido por un astro. OBS: Tamén se denomina luminosidadeverdadeira ou intrínseca.
luminosidade aparenteASTRONFluxo luminoso que, observado desde a Terra, semella provir dun astro. Mídese numericamente mediante a magnitude aparente.