luminosidade

< luminoso
Pliral: luminosidades
  1. s f
    1. Calidade do que é luminoso.
    2. Calidade de luminoso dun obxectivo ou dunha óptica.
  2. s f FÍS Atributo da sensación visual segundo o que unha superficie determinada semella emitir máis ou menos luz. Constitúe unha das características da sensación de cor. Denominada tamén brillantez, é aproximadamente o correspondente psicosensorial da magnitude fotométrica que se coñece como luminancia.
  3. luminosidade absoluta ASTRON Fluxo enerxético total emitido por un astro. OBS: Tamén se denomina luminosidade verdadeira ou intrínseca.
  4. luminosidade aparente ASTRON Fluxo luminoso que, observado desde a Terra, semella provir dun astro. Mídese numericamente mediante a magnitude aparente.