lúa

< lat luna
Plural: lúas
  1. s f ASTRON Satélite natural da terra, de forma sensiblemente esférica, un diámetro de 3.473 km, unha masa igual a 1/81 da masa da Terra, e unha atmosfera de densidade moi baixa, que se atopa a unha distancia media da Terra de 384.000 km e a aceleración da gravidade na súa superficie representa o 16% da que se experimenta na superficie da Terra. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.
  2. ASTRON
    1. s f Cada unha das fases do satélite da terra.
    2. lúa chea A Lúa na fase chea. OBS: Tamén se denomina plenilunio.
    3. lúa crecente A Lúa na fase crecente. No momento desta fase, dise que a Lúa está en cuarto crecente.
    4. lúa minguante A Lúa na fase minguante. No momento desta fase dise que a Lúa está en cuarto minguante. OBS:  Tamén se denomina devalo.
    5. lúa nova A Lúa na fase nova. OBS: Tamén se denomina novilunio.
    6. lúa vella Inicio do cuarto minguante.
  3. s f
    1. CRON Mes lunar.
    2. Período de tempo que a Lúa tarda en completar unha rotación arredor da Terra.
  4. s ASTRON
    1. p ext Satélite natural dun planeta.
    2. Disco dun astro.
  5. lúa de mel Período de tempo que segue ao casamento, especialmente a viaxe de noivos que se fai despois de casar.
  6. media lúa Representación gráfica da Lúa en cuarto minguante. É o símbolo do mundo islámico.

Sinónimos

Refráns

  • a cerco na lúa, a lagoa enxuga.
  • a circo da lúa a lame ira enxuga.
  • a circo da lúa nunca trae moita chuvia.
  • A lúa como quinta, así pinta.
  • A lúa como quinta, trinta.
  • Auga á entrada da lúa, ou moita ou ningunha.
  • Circo na lúa, lagoa dura; circo no sol, lagoa mol.
  • Lúa a pe, mariñeiro deitado.
  • Lúa cascabeleira vaise á carreira.
  • Lúa con cerco, o baixo cheo; estrela no medio, o baixo seco.
  • Lúa de minguante, cornos para diante.
  • Lúa de xaneiro non ten aparceiro.
  • Lúa de xaneiro non ten compañeiro senón a de agosto, que lle dá no rostro.
  • Lúa deitada, mariñeiro a pe.
  • Lúa no crecente, cornos polo oriente.
  • Lúa nova con treboada, trinta días mollada.
  • Lúa posta, baixa o mar en toda a costa.
  • Lúa, de xaneiro; e cariño, o primeiro.

Palabras veciñas