sfASTRONSatélite natural da terra, de forma sensiblemente esférica, un diámetro de 3.473 km, unha masa igual a 1/81 da masa da Terra, e unha atmosfera de densidade moi baixa, que se atopa a unha distancia media da Terra de 384.000 km e a aceleración da gravidade na súa superficie representa o 16% da que se experimenta na superficie da Terra. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.
ASTRON
sfCada unha das fases do satélite da terra.
lúa cheaA Lúa na fase chea. OBS: Tamén se denomina plenilunio.
lúa crecenteA Lúa na fase crecente. No momento desta fase, dise que a Lúa está en cuartocrecente.
lúa minguanteA Lúa na fase minguante. No momento desta fase dise que a Lúa está en cuartominguante. OBS: Tamén se denomina devalo.
lúa novaA Lúa na fase nova. OBS: Tamén se denomina novilunio.
lúa vellaInicio do cuarto minguante.
sf
CRONMes lunar.
Período de tempo que a Lúa tarda en completar unha rotación arredor da Terra.
sASTRON
p extSatélite natural dun planeta.
Disco dun astro.
lúa de melPeríodo de tempo que segue ao casamento, especialmente a viaxe de noivos que se fai despois de casar.
media lúaRepresentación gráfica da Lúa en cuarto minguante. É o símbolo do mundo islámico.