liquidez

< líquido
Plural: liquideces
  1. s f FÍS Calidade de líquido.
  2. ECON
    1. s f Condición ou característica dun activo, xeralmente financeiro, que permite a recuperación do valor da inversión ou dos fondos invertidos na compra, dun xeito inmediato en diñeiro de curso legal.
    2. liquidez bancaria Cantidade de diñeiro de curso legal e depósitos á vista no banco central que teñen os bancos para afrontar as diminucións dos seus depósitos.
    3. liquidez internacional olume de medios de pagamento aceptados pola maioría dos países para saldar as débedas entre eles.
    4. preferencia pola liquidez Relación funcional entre a cantidade de diñeiro demandado polas empresas e o público e as variables que a determinan, e que se produce por tres motivos fundamentais: a transacción, a precaución e a especulación.
  3. s f Capacidade de responder ás débedas económicas.