sfCondición ou característica dun activo, xeralmente financeiro, que permite a recuperación do valor da inversión ou dos fondos invertidos na compra, dun xeito inmediato en diñeiro de curso legal.
liquidez bancariaCantidade de diñeiro de curso legal e depósitos á vista no banco central que teñen os bancos para afrontar as diminucións dos seus depósitos.
liquidez internacionalolume de medios de pagamento aceptados pola maioría dos países para saldar as débedas entre eles.
preferencia pola liquidezRelación funcional entre a cantidade de diñeiro demandado polas empresas e o público e as variables que a determinan, e que se produce por tres motivos fundamentais: a transacción, a precaución e a especulación.