smPlanta herbácea anual, da familia das lináceas, que ten follas lanceoladas, flores azuis e froito capsular, a partir do que se obtén a fibra téxtil que recibe o mesmo nome. OBS: Tamén se denomina liñomanso.
liño bravo/mourisco [Linum bienne]Planta bianual ou perenne, da familia das lináceas, con follas lanceoladas, flores azuis e froito capsular.
liño purgante [Linum catharticum]Planta herbácea anual, da familia das lináceas, follas lanceoladas, flores blancas alaranxadas e froito capsular globoso.
sm
Fibra téxtil que se obtén desa planta.
Tecido de liño.
liño de lebrePLANTAgorga.
Refráns
A liñaza por san Marcos, nin nada no saco.
A que o liño aliña, esa o fía.
Inda ten que nacer o liño estranxeiro para ser como é o galego.
Liño bo, liño malo, todo florece en maio.
Liño de Holanda pesa e non anda.
O liño apurado dá lenzo ben sobrado.
O liño e a estopa, á sombra.
Xa vén o tempo do liño mazar; xa vén o tempo de estroupelear, porque este mundo aquí ha quedar.