liño

Pliral: liños
  1. PLANTA
    1. s m Planta herbácea anual, da familia das lináceas, que ten follas lanceoladas, flores azuis e froito capsular, a partir do que se obtén a fibra téxtil que recibe o mesmo nome. OBS: Tamén se denomina liño manso.
    2. liño bravo/mourisco [Linum bienne] Planta bianual ou perenne, da familia das lináceas, con follas lanceoladas, flores azuis e froito capsular.
    3. liño purgante [Linum catharticum] Planta herbácea anual, da familia das lináceas, follas lanceoladas, flores blancas alaranxadas e froito capsular globoso.
  2. s m
    1. Fibra téxtil que se obtén desa planta.
    2. Tecido de liño.
  3. liño de lebre PLANTA gorga.

Refranes

  • A liñaza por san Marcos, nin nada no saco.
  • A que o liño aliña, esa o fía.
  • Inda ten que nacer o liño estranxeiro para ser como é o galego.
  • Liño bo, liño malo, todo florece en maio.
  • Liño de Holanda pesa e non anda.
  • O liño apurado dá lenzo ben sobrado.
  • O liño e a estopa, á sombra.
  • Xa vén o tempo do liño mazar; xa vén o tempo de estroupelear, porque este mundo aquí ha quedar.