smBIOLLeucocito de núcleo único, que ocupa case a totalidade da célula, rodeado dun citoplasma basófilo, e que desempeña un papel fundamental na resposta inmunitaria ao ser o responsable da produción dos anticorpos. Están presentes no sangue, na linfa e nos tecidos linfáticos.
linfocito BLinfocito de vida media curta, días ou semanas, responsable da inmunidade humoral e da produción de anticorpos.
linfocito TLinfocito de vida media longa, meses ou anos, que é o responsable da inmunidade celular.