linfocito

< linfo- + -cito
Pliral: linfocitos
  1. s m BIOL Leucocito de núcleo único, que ocupa case a totalidade da célula, rodeado dun citoplasma basófilo, e que desempeña un papel fundamental na resposta inmunitaria ao ser o responsable da produción dos anticorpos. Están presentes no sangue, na linfa e nos tecidos linfáticos.
  2. linfocito B Linfocito de vida media curta, días ou semanas, responsable da inmunidade humoral e da produción de anticorpos.
  3. linfocito T Linfocito de vida media longa, meses ou anos, que é o responsable da inmunidade celular.