sfCONSTRÁngulo diedro externo formado por dúas vertentes ou inclinacións nunha cuberta ou tellado.
sfCONSTRMadeiro que forma a aresta nun ángulo na vertente dunha cuberta ou tellado.
lima bordónCONSTRArestas do tellado compostas por un só madeiro ou lima, que se estende desde o extremo ata o ángulo dos estribos na armadura da cuberta.
lima foiaCONSTRÁngulo entrante que se forma polo encontro de dúas vertentes.
lima moamarCONSTRArestas que forman as vertentes, e que se compoñen por dous madeiros paralelos ou limas, que se estenden desde o extremo ata o ángulo dos estribos na armadura da cuberta.
lima tesaCONSTRÁngulo saínte que se forma polo encontro de dúas vertentes.