lima

< lat lima
Plural: limas
  1. s f Ferramenta metálica, normalmente de aceiro, composta por unha barra sobre a superficie da que están gravadas numerosas estrías ou dentes, en diferente disposición xeométrica e número, que se utiliza para desbastar, puír ou alisar diversos materiais duros.
  2. lima cadrada Lima grosa piramidal de sección cadrada.
  3. lima doce Lima de estrías moi finas.
  4. lima grosa Ferramenta formada por unha barra de dentes grosos e triangulares que serve para desbastar a pedra.
  5. lima xorda Lima doce que fai moi pouco ruído ao traballar os metais.

Frases feitas

  • Comer como unha lima/Ser unha lima. Comer moito e con avidez.
  • Comer como unha lima/Ser unha lima. Comer moito e con avidez.

Refráns

  • A lima lima a lima.