DERDocumento que acredita un permiso oficial para que alguén poida desenvolver certa actividade.
sfPermiso para facer algo.
sfDERProcedemento administrativo utilizado para a aplicación dos réximes de licenzas de importación, que require a presentación, diante do órgano administrativo pertinente, dunha solicitude con certa documentación como condición previa para efectuar a importación no territorio arancelario do membro importador.
sfAutorización para ausentarse do emprego ou servizo civil ou militar temporalmente.
sfConcesión oficial para a venda ou comercialización de produtos.
sfRELIXConcesión feita por un superior a un eclesiástico para exercer o ministerio.
licenza absolutaBÉLLicenza concedida aos militares para eximilos definitivamente das súas obrigas.
licenza de explotaciónECONAutorización concedida polo titular dunha patente a un terceiro para a súa utilización.
licenza de exportación/importaciónECONAutorización da administración para exportar ou importar unha certa cantidade de mercadorías e que regula a súa comercialización.
licenza de obraDERPermiso administrativo para levar a cabo actuacións relacionadas coa construción.
licenza fiscalDERImposto directo que se paga para poder desenvolver calquera tipo de actividade económica. Actualmente denomínase imposto sobre actividades económicas (IAE).
licenza maritalDERAutorización outorgada polo marido en favor da muller para cumprir uns actos determinados, como a comparecencia nun xuízo, que a lei non consideraba válidos sen dita autorización. Actualmente está derrogada.
fLiberdade excesiva ou abuso de liberdade que fai alguén, en especial referido aos costumes morais.
licenza poéticaLITEmprego de determinadas construcións e voces polos escritores, que pode implicar unha vulneración das regras gramaticais e retóricas.