licenza

Pliral: licenzas
  1. s f
    1. DER Documento que acredita un permiso oficial para que alguén poida desenvolver certa actividade.
  2. s f Permiso para facer algo.
  3. s f DER Procedemento administrativo utilizado para a aplicación dos réximes de licenzas de importación, que require a presentación, diante do órgano administrativo pertinente, dunha solicitude con certa documentación como condición previa para efectuar a importación no territorio arancelario do membro importador.
    1. s f Autorización para ausentarse do emprego ou servizo civil ou militar temporalmente.
    2. s f Concesión oficial para a venda ou comercialización de produtos.
    3. s f RELIX Concesión feita por un superior a un eclesiástico para exercer o ministerio.
    4. licenza absoluta BÉL Licenza concedida aos militares para eximilos definitivamente das súas obrigas.
    5. licenza de explotación ECON Autorización concedida polo titular dunha patente a un terceiro para a súa utilización.
    6. licenza de exportación/importación ECON Autorización da administración para exportar ou importar unha certa cantidade de mercadorías e que regula a súa comercialización.
    7. licenza de obra DER Permiso administrativo para levar a cabo actuacións relacionadas coa construción.
    8. licenza fiscal DER Imposto directo que se paga para poder desenvolver calquera tipo de actividade económica. Actualmente denomínase imposto sobre actividades económicas (IAE).
    9. licenza marital DER Autorización outorgada polo marido en favor da muller para cumprir uns actos determinados, como a comparecencia nun xuízo, que a lei non consideraba válidos sen dita autorización. Actualmente está derrogada.
  4.   f Liberdade excesiva ou abuso de liberdade que fai alguén, en especial referido aos costumes morais.
  5. licenza poética LIT Emprego de determinadas construcións e voces polos escritores, que pode implicar unha vulneración das regras gramaticais e retóricas.

Formas incorrectas

licencia