analoxía

< lat analogĭa gr ἀ ναλογία ‘proporción, semellanza’
Pliral: analoxías
  1. s f Relación entre dúas ou máis cousas que teñen algo en común.
  2. s f ARQUEOL Semellanza entre diferentes culturas baseadas nunha evolución converxente e independente.
  3. s f BIOL Semellanza funcional entre órganos de estrutura e de orixe filoxenética distintas.
  4. s f DER Método de aplicación da lei por medio da que unha norma que regula un caso determinado se fai extensiva a casos non previstos pero análogos ou semellantes con identidade de razón.
  5. s f FILOS Correlación entre cada un dos termos de dúas ou máis ordes.
  6. s f FÍS Similitude entre o número e a forma das ecuacións diferenciais de dous sistemas físicos.
  7. s f LING Proceso histórico que fai que certas palabras pasen dun paradigma a outro xeralmente máis regular.
  8. analoxía etnolóxica ARQUEOL Transposición ao pasado da observación das culturas actuais co fin de comprender as relacións de comportamento que subxacen á produción do rexistro arqueolóxico.

Citas

  • A analoxía destes libros observámola no seu formato