leccionario

< lección
Plural: leccionarios
  1. s m RELIX Libro litúrxico que contén ordenadas, segundo diferentes sistematizacións, as lecturas do oficio ou da misa. Estaba dividido no epistolario e no evanxeliario, ou incorporado ao breviario e ao misal.
  2. s m ARQUIT Parede que separa o coro da nave dunha igrexa. Adoita ter aberturas e un coro alto, desde onde se lían os textos sagrados.