lección

< lat lectĭōne
Plural: leccións
  1. s f Ensinanza oral ou práctica que reciben unha ou máis persoas.
  2. EDUC
    1. s f Ensino dunha disciplina académica dada por un mestre a un ou máis alumnos nunha sesión.
    2. s f Parte dunha materia que o alumno debe ter aprendida para unha clase.
    3. s f Cada unha dos apartados en que se divide un texto, especialmente un texto escolástico.
    4. lección maxistral Conferencia ou discurso que pronuncia un profesor sobre un determinado asunto nun acto académico solemne ou un candidato diante dun tribunal para superar unha oposición.
  3. s f Ensinanza ou experiencia que se tira de algo, xeralmente desagradable.
  4. s f LING Forma dunha palabra ou unha frase determinada por un manuscrito ou unha familia de manuscritos.
  5. s f RELIX Fragmento das Escrituras que se le ou canta na misa durante o oficio divino.

Sinónimos