lastre

< neerl last ‘carga’
Plural: lastres
  1. s m
    1. AERON Contrapeso, nos globos aerostáticos, constituído por sacos de area que se deixan caer para elevalos.
    2. MAR Materiais pesados que se estiban no fondo dunha nave ou bote para facer baixar o seu centro de gravidade e asegurar unha maior estabilidade.
  2. s m Aquilo que dá estabilidade ao carácter ou á conduta de alguén.
  3. s m Obxecto ou circunstancia que obstaculiza a realización de algo e do que custa librarse.
  4. lastre xenético XEN Proporción en que diminúe a eficacia biolóxica dunha poboación respecto á óptima como consecuencia da presenza dun conxunto de xenes letais.

Confrontacións

Citas

  • A súa condición sexual sempre foi un lastre na súa vida social
  • Éche moi novo, aínda lle falta lastre

Palabras veciñas