sfAquilo que se coloca sobre alguén, sobre un animal ou sobre un vehículo para ser transportado.
carga máximaMARCarga límite que pode transportar un barco.
carga de profundidadeBÉLRecipiente cunha potente carga explosiva no seu interior que se lanza desde embarcacións de superficie ou desde avións contra submarinos somerxidos.
sfCONSTRPeso que gravita sobre unha construción ou sobre cada un dos seus elementos constitutivos.
sfECONAnotación contable que representa un aumento do activo en conta ou ben unha diminución do pasivo ou neto.
sfDER
Subxección especial dunha persoa ou dun ben a unha obriga legal concreta de carácter público ou a unha responsabilidade ou gravame patrimonial.
Obxecto do contrato de transporte.
sfObriga ou responsabilidade que recae nunha persoa.
sfRecambio dun aparato ou cantidade dunha substancia que se repón cando o anterior se esgota.
sfMETROLUnidade de medida dalgúns produtos agrarios.
sfBÉLAcometida ou ataque ao inimigo.
sfENX
Potencia activa ou aparente producida ou absorbida por unha máquina ou por unha rede eléctrica.
Elemento receptor de enerxía eléctrica.
FÍS
sfNome xenérico de diversos atributos intrínsecos das partículas elementais, que se caracterizan segundo as interacións nas que interveñen.
sfElipse de carga eléctrica.
sfnúmeroatómico.
carga eléctrica [q ou Q]Propiedade física que é característica das partículas pola que sofren interacción electromagnética.
carga eléctrica elemental [e]Unidade de carga eléctrica de valor e=1,6021892 (46)¥10 -19 C (C é o símbolo do coulomb). É unha característica intrínseca do protón e do electrón. OBS: Tamén se denomina cargaelemental.
carga electrónicaCarga espacial constituída por electróns.
carga elementalMínima cantidade posible dunha carga.
carga espacialExceso de carga eléctrica nunha rexión do espazo, causada pola presenza de ións ou electróns.
carga específicaNunha partícula, cociente entre a súa carga e a súa masa en repouso.
FÍS
sfalturadecarga.
sfPresión que exerce un fluído sobre as paredes do recipiente que o contén.
perda de cargaDiminución da altura de carga en todo fluído en movemento, entre un punto corrente arriba e un punto corrente abaixo.
FÍS/TECNOL
sfCombustible fisionable dun reactor nuclear.
carga corporalCarga orgánica relativa ao organismo en conxunto.
TECNOL
sfForza resistente que se opón ao movemento dunha máquina.
sfCantidade de material introducido periodicamente nun proceso.
carga residualCantidade de electricidade que conserva un condensador despois dunha descarga rápida.
sfCOMUNElemento destinado a aumentar artificialmente a indutancia dos cables telefónicos.
XEOL
sfConxunto de materiais transportados por un curso de auga.
carga límiteCarga máxima que pode transportar unha determinada corrente de auga.
carga afectivaPSICCantidade de afecto vinculada a un pensamento, unha percepción ou un recordo, que ao actualizarse pode desencadear reaccións emocionais de diversa índole e intensidade.
carga heráldicaHERÁLDPezas, mobles ou figuras que se colocan no campo dun escudo.