laranxa

< ár naranjâ persa narang ‘laranxa’
Nome científico: Aleuria aurantia Plural: laranxas
  1. s m FÍS Unha das sete cores do espectro solar. As lonxitudes de onda da luz laranxa compréndese entre 5.970 Å e 6.220 Å.
  2. s f BOT Froito comestible da laranxeira que ten forma redondeada, ovalada ou periforme, tamaño variable e está dividido internamente en cuarteiróns. O seu sabor é doce ou agridoce e ten un elevado contido vitamínico e de diversos sales minerais. Tamén contén aminoácidos e pectinas.
  3. s m Cor entre amarela e vermella. Tm adx.
  4. s m
    1. s f Materia colorante laranxa.
    2. laranxa básico Colorante básico do grupo da acridina que se obtén pola condensación do p-aminobenzaldehido con N 4 -feniltolueno-2,4-diamina, seguida dunha oxidación. Emprégase como colorante de seda e de peles.
    3. laranxa de acridina Colorante acridínico básico de cor laranxa brillante. Emprégase na industria téxtil, para a estampación de fibras como o algodón, seda e la e para facer lacas ou tinguir pel.
    4. laranxa de metilo heliantina.
  5. Fungo ascomiceto, da orde das pecizais, que presenta o carpóforo en forma de copa, sésil, de cor branca exteriormente e co interior de cor laranxa, coa marxe lobada e co himenio no interior da copa.

Refráns

  • O que come a laranxa que probe a denteira.