smFÍSUnha das sete cores do espectro solar. As lonxitudes de onda da luz laranxa compréndese entre 5.970 Å e 6.220 Å.
sfBOTFroito comestible da laranxeira que ten forma redondeada, ovalada ou periforme, tamaño variable e está dividido internamente en cuarteiróns. O seu sabor é doce ou agridoce e ten un elevado contido vitamínico e de diversos sales minerais. Tamén contén aminoácidos e pectinas.
smCor entre amarela e vermella. Tm adx.
sm
sfMateria colorante laranxa.
laranxa básicoColorante básico do grupo da acridina que se obtén pola condensación do p-aminobenzaldehido con N 4 -feniltolueno-2,4-diamina, seguida dunha oxidación. Emprégase como colorante de seda e de peles.
laranxa de acridinaColorante acridínico básico de cor laranxa brillante. Emprégase na industria téxtil, para a estampación de fibras como o algodón, seda e la e para facer lacas ou tinguir pel.
laranxa de metiloheliantina.
Fungo ascomiceto, da orde das pecizais, que presenta o carpóforo en forma de copa, sésil, de cor branca exteriormente e co interior de cor laranxa, coa marxe lobada e co himenio no interior da copa.