smPedra lisa e plana ou grupo de pedras unidas e levantadas a pouca altura sobre o nivel do chan onde se acendía o lume nas casas tradicionais.
smBase de pedra que forma o piso do forno onde se coce o pan.
sm p extCasa onde nacen e viven varias xeracións dunha familia.
smMITDivindade do fogar ou lar na antiga Roma, que tiña a función de protexer as encrucilladas, murallas, recintos domésticos e, nalgúns casos, ata unha colectividade. Distinguíanse os larescompitales, os laresfamiliaris e os larespraesites. OBS: Nesta acepción adoita empregarse en plural.