lar

< lat lare
Pliral: lares
  1. s m Pedra lisa e plana ou grupo de pedras unidas e levantadas a pouca altura sobre o nivel do chan onde se acendía o lume nas casas tradicionais.
  2. s m Base de pedra que forma o piso do forno onde se coce o pan.
  3. s m p ext Casa onde nacen e viven varias xeracións dunha familia.
  4. s m MIT Divindade do fogar ou lar na antiga Roma, que tiña a función de protexer as encrucilladas, murallas, recintos domésticos e, nalgúns casos, ata unha colectividade. Distinguíanse os lares compitales, os lares familiaris e os lares praesites. OBS: Nesta acepción adoita empregarse en plural.

Sinónimos

Citas

  • A pota do caldo repousaba directamente sobre o lar
  • Teño ganas de regresar ao meu lar